Na Terra Chá, aló onde o vento sopra e a néboa raras veces escampa, atopamos un centro cheo de alegría e bo facer. Quizáis pola enerxía que desprende o xirasol xigante que hai na súa entrada para recordar que cando falte o sol só hai que mirarse uns aos outros. Se chove que chova, e se neva a xogar coas folerpas.

Neste municipio chairego celebran os seus 11 anos de andaina con moitos festivais e xornadas teatrais nas que chufan os seus paisaxes naturais, o seu queixo Lorán, o caldiño de Grelos, a baixada das carrilanas pola costa de Gontán, o desfile de Entroido e por suposto as súas xentes. Son menos de 3.000 habitantes pero moi participativos. As portas están abertas para a comunidade dos brañegos.

Os nenos do colexio devecen por entrar nas instalacións, os músicos atopan nas súas paredes a mellor sala de concertos e as profesionais non che viven do aire como os eólicos, sonche moi traballadoras e implicadas. A equipa unida xamais será vencida!